viernes, 10 de junio de 2016

Participación nas redes sociais

Outra das actividades que levamos a cabo no Proxecto Terra foi a creación, en colaboración co Departamento de Administración, dun grupo chamado Cos Pés Na Terra coa intención de promover a participación dos nosos alumnos a través das redes sociais dun xeito dinámico e interdisciplinar.



jueves, 9 de junio de 2016

Visita á adega Regina Viarum

O departamento de Administración e mailo departamento de Formación e Orientación Laboral, organizaron unha visita conxunta co alumnado de Ciclos Formativos participante no Proxecto Terra. A visita tivo lugar o 18 de novembro, na que descubrimos cal é o proceso de elaboración do viño e comprendimos a importancia de explotar de xeito eficiente e sostible os recursos naturais, ademais de aproveitar as peculiaridades do terreo da zona que fan diferentes os viños da Ribeira Sacra.

Muro virtual sobre a explotación dos nosos recursos naturais de forma sostible

No módulo de Empresa e Iniciativa Emprendedora, os alumnos/as de 2º de Mecatrónica Industrial e de 2º de Mantemento Industrial crearon un muro virtual con exemplos de empresas do noso contorno que levan a cabo a súa actividade económica utilizando recursos naturais da nosa terra de forma eficiente e ademais respectando o hábitat e a tradición.

Plan de Prevención de Riscos Laborais da Adega Regina Viarum.

Os alumnos de 1º do Ciclo Superior de Administración e Finanzas realizaron o Plan de Prevención de Riscos Laborais da Adega Regina Viarum (Sober).