viernes, 9 de mayo de 2014

Percepción negativa sobre as actuacións das empresas no coidado dos ríos.

Os resultados da enquisa do blog reflicten que máis da metade dos que respondimos ás cuestións cremos que as empresas do noso contorno non se preocupan como deberían polo coidado dos nosos ríos. As empresas non nos transmiten valores, accións, comportamentos...que indiquen que respectan os ríos, non teñen unha clara política de responsabilidade social medioambiental ou ó menos iso é o que cremos a maioría de nós, polo que xa é hora de que as empresas inclúan  estas actuacións dentro da súa xestión empresarial.  E iso si, temos que ter en conta que a metade dos que respondimos coñecemos a persoas que traballan vinculados dalgún xeito aos ríos, polo que sería máis que xustificado mimar os ríos como bens inesgotables de recursos naturais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario